Estatutos de cooperativa juvenil de trabajo asociado de Galicia.

Formularios

MODELO DE ESTATUTOS. COOPERATIVA JUVENIL DE TRABAJO ASOCIADO. GALICIA.



CAPÍTULO I. Denominación, domicilio, ámbito, actividade e duración

ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL

    Coa denominación  ............. SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA XUVENIL, constitúese unha sociedade cooperativa xuvenil de traballo asociado, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei de cooperativas de Galicia e as contidas nestes estatutos.

ARTIGO 2.- DOMICILIO SOCIAL

    1.- O domicilio social da cooperativa establécese na rúa ......, número ......, do municipio de........, da provincia de........, C.P........

    2.- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, o dito acordo deberá comunicarse formalmente ás persoas socias.

    3.- Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal no que antes estaba, será necesario o acordo da asemblea xeral.

    4.-O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.

ARTIGO 3.- ÁMBITO TERRITORIAL

    O ámbito territorial dentro do que estarán situados principalmente os centros de traballo nos que as persoas socias prestan habitualmente o seu traballo cooperativizado, é o que corresponde á  .................................

ARTIGO 4.- OBXECTO E ACTIVIDADE ECONÓMICA

    1.- A cooperativa ten por obxecto proporcionarlle emprego e un marco apropiado para o desenvolvemento profesional á xuventude, mediante a prestación do seu traballo persoal producindo en común bens e servizos para terceiros.

    2.- As actividades económicas que desenvolverá a cooperativa para o cumprimento do seu obxecto social son:
    ...................................
    ...................................

    Se algunha das actividades enumeradas así o precisase, deberá ser exercitada a través de profesionais coa titulación adecuada, ou no seu caso, deberá ser exercitada previa as correspondentes autorizacións administrativas".    

ARTIGO 5.- DURACIÓN

    A cooperativa constitúese polo prazo de ............, transcorrido este prazo deberá transformarse en cooperativa ordinaria ou disolverse.


CAPÍTULO II. Das persoas socias

ARTIGO 6.- PERSOAS SOCIAS

    1.- Poden ser socios ou socias traballadoras desta cooperativa, as persoas naturais con capacidade legal e física para desenvolver a actividade cooperativizada de prestación do seu traballo persoal.

    2.- As persoas socias da cooperativas deberán ser, maioritariamente, persoas socias traballadoras con idades comprendidas entre dezaseis e vinte e nove anos, agás no caso de que sexan persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, no cal a idade máxima será trinta e cinco anos.

    3.- As persoas estranxeiras, para poder prestar traballo na cooperativa, deberán reunir os requisitos establecidos na lexislación específica sobre prestación do seu traballo en España.

ARTIGO 7.- ADMISIÓN

    1.- Para adquirir a condición de persoa socia no momento de constitución da cooperativa, será necesario:
    a) Estar incluído/a na relación de promotores e promotoras.
    b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixada estatutariamente.
    c) Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen xusta causa que a cualifique de xustificada, ata ................

    2.-Para adquirir a condición de persoa socia con posterioridade á constitución da cooperativa, será necesario:
    a) Ser admitido como socio ou socia.
    b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixada estatutariamente.
    c) Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen xusta causa que a cualifique de xustificada, ata .................
    d) Desembolsar a cota de ingreso que, de ser o caso, acorde a asemblea xeral.

ARTIGO 8.- PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

    1.- A solicitude de admisión realizarase por escrito dirixido ao órgano de administración da cooperativa, que deberá resolver motivadamente nun prazo non superior a dous meses, a contar dende o día seguinte á recepción daquela. A resolución comunicarase á persoa solicitante e publicarase no taboleiro de anuncios da cooperativa. Transcorrido o prazo mencionado sen resolución expresa, a solicitude entenderase denegada.

    2.- Contra a denegación da admisión a persoa solicitante poderá recorrer no prazo dun mes, a contar dende a comunicación ou do remate do prazo que o órgano de administración dispón para resolver, ante a asemblea xeral. Recurso que se resolverá na primeira asemblea xeral que se celebre, mediante votación secreta, logo de audiencia da persoa interesada.

    3.- O acordo de admisión tamén poderá ser impugnado por socios e socias que representen como mínimo .............,no prazo de 10 días a contar dende a publicación do acordo de admisión no taboleiro de anuncios da sociedade, ante a asemblea xeral, que resolverá na primeira que se celebre, por votación secreta, logo de audiencia da persoa interesada. Ata que transcorra o prazo para recorrer ou resolva a asemblea xeral sobre o recurso interposto, a admisión quedará en suspenso.

    4.- A admisión poderá ser en situación de proba. O período de proba será de ___meses. Poderá ser prorrogado por seis meses adicionais se a cooperativa se acolle a programas de promoción do autoemprego cooperativo.

    En todo caso, o período de proba poderá reducirse ou suprimirse por mutuo acordo.

    O socio ou socia a proba ten os dereitos e obrigas derivados da súa condición de persoa socia traballadora, excepto os seguintes:

    a) Pode resolverse a relación de forma unilateral. A mesma facultade ten o órgano de administración.
    b) Non poden realizar achegas ao capital social nin satisfacer ningún tipo de cotas.
    c) Non responden das perdas sociais.
    d) Non perciben retorno cooperativo, se ben participarán nos resultados positivos equiparándose ás persoas traballadoras asalariadas.
    e) Non poden ser electores ou electoras, nin elixibles para ocupar cargos nos órganos sociais.

    O número máximo de persoas socias traballadoras simultaneamente en situación de proba non será superior a un quinto do total de socios e socias da cooperativa.

ARTIGO 9.- DEREITOS DAS PERSOAS SOCIAS

    As persoas socias teñen dereito:
    a) A ser electoras e elixibles para os cargos dos órganos sociais da cooperativa.
    b) A formular propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que forme parte.
    c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
    d) A participar na actividade da cooperativa para o cumprimento do seu fin social, sen ningunha discriminación.
    e) A prestar o seu traballo persoal na empresa cooperativa e aos beneficios da seguridade social segundo a opción elixida pola asemblea xeral da cooperativa.
    f) A percibir periodicamente nun prazo non superior a un mes o anticipo societario, así como, se é o caso, o retorno cooperativo.
    g) A actualización das achegas ao capital social, así como, se é o caso, a súa devolución e a percepción de intereses por elas.
    h) Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da Lei de cooperativas de Galicia
    i) A todos os demais dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.

    Os dereitos exerceranse de conformidade coas normas legais e estatutarias e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

ARTIGO 10.- OBRIGAS DAS PERSOAS SOCIAS

    As persoas socias están obrigadas a:
    a) Asistir ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os que fosen convocadas.
    b) Cumprir os deberes legais e estatutarios así como os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
    c) Participar nas actividades cooperativizadas que desenvolvan o obxecto social da cooperativa, mediante o seu traballo persoal durante as horas e días do calendario laboral que fixe a asemblea xeral.
O órgano de administración poderá liberar temporalmente da dita obriga á persoa socia que o solicite motivadamente, por causa xustificada.
    d) Non realizar actividades competitivas coas desenvoltas pola cooperativa, salvo autorización expresa do órgano de administración.
    e) Gardar secreto sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa cuxa divulgación poida prexudicar os intereses sociais lícitos.
    f) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións previstas.
    g) Participar nas actividades de formación.
    h) Aceptar os cargos para os que fosen elixidas, salvo xusta causa.

ARTIGO 11.- BAIXA VOLUNTARIA

    1.- A persoa socia poderá darse de baixa voluntariamente na cooperativa en calquera momento, mediante preaviso por escrito ao órgano de administración que deberá enviarse cunha antelación de ............. meses. Para os efectos do reembolso de achegas, a baixa entenderase producida ao termo do prazo de preaviso.

    O incumprimento do prazo de preaviso dará lugar á correspondente indemnización de danos e perdas, e a baixa será considerada como inxustificada, agás que o órgano de administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a aprecie como xustificada.

    2.- Se a baixa entrañase o incumprimento do prazo de permanencia establecido nestes estatutos, sen xusta causa que a cualifique de xustificada, a cooperativa poderá esixir á persoa socia participar nos termos nos que vén obrigada estatutariamente, ata o final do período comprometido, nas actividades ou servizos cooperativizados ou, no seu defecto, a esixirlle a correspondente indemnización de danos e perdas.

    En todo caso, a súa baixa será considerada como inxustificada, agás que o órgano de administración, baseándose nas circunstancias que concorran, a aprecie como xustificada.

    3.- Establécese  como penalidade por incumprimento, do prazo de preaviso ou do período de permanencia , o incremento dun 10% do importe resultante de aplicar as deducións previstas para o suposto de baixa non xustificada, sobre todas as cantidades reembolsables, incluído o retorno cooperativo e os fondos de reserva repartibles que, se é o caso, lle poidan corresponder á persoa socia. Esta penalización deducirase da contía que se fixe como indemnización por danos e perdas.

    4.- Para a cuantificación dos danos e perdas esixibles ás persoas socias polos incumprimentos indicados nos anteriores apartados 1 e 2, fíxanse os seguintes criterios obxectivos:  

ARTIGO 12.- BAIXA OBRIGATORIA

    1.- Cesará obrigatoriamente a persoa socia que perda os requisitos esixidos para adquirir a dita condición.

    2.- No caso de perda definitiva dos requisitos para ser persoa socia na cooperativa, a baixa operará automaticamente sen necesidade de resolución expresa ao respecto por parte do órgano de administración, con independencia da obriga deste órgano de resolver no prazo de tres meses desde que tivese coñecemento sobre os efectos da baixa e dos recursos que corresponden á persoa socia con respecto ao acordo que se adopte para tal efecto.

    Se a persoa socia incursa neste suposto de cesamento automático desempeña algún cargo en calquera dos órganos sociais da cooperativa, cesará automaticamente para todos os efectos neste, sen necesidade de ningún pronunciamento por parte da cooperativa. O cargo vacante deberá cubrirse segundo o establecido no artigo 45 da Lei de cooperativas de Galicia.

    3.- Se a perda de requisitos non ten carácter definitivo, a baixa obrigatoria será acordada polo órgano de administración, de oficio, por petición de calquera persoa socia, en todo caso logo de darlle audiencia á persoa socia afectada.

    4.- A baixa obrigatoria terá a consideración de non xustificada cando a perda dos requisitos para adquirir a condición de persoa socia responda a un deliberado propósito desta de eludir obrigas ante a cooperativa ou beneficiarse indebidamente coa súa baixa obrigatoria.

ARTIGO 13.- CUALIFICACIÓN E EFECTOS DA BAIXA

    1.- O órgano de administración deberá resolver sobre a cualificación e os efectos da baixa nun prazo máximo de tres meses desde que lle fose comunicada; pasado o dito prazo, a baixa entenderase como xustificada, agás no caso de incumprimento do prazo de preaviso ou do compromiso de permanencia.

    Os acordos do órgano de administración sobre a cualificación e os efectos da baixa da persoa socia poderán ser impugnados ante a xurisdición competente, podendo ser obxecto de recurso previo ante a asemblea xeral , no prazo máximo de dous meses desde a notificación do acordo».

ARTIGO 14.- NORMAS DE DISCIPLINA SOCIAL

    1.- As faltas cometidas polas persoas socias, clasifícanse en moi graves, graves e leves. As moi graves e graves son as tipificadas nestes estatutos . As faltas leves, ademais das recollidas nos estatutos, poderán ser tipificadas tamén polo regulamento de réxime interno ou por acordo da asemblea xeral.

    2.- As faltas agrúpanse en dous bloques:
As faltas de carácter societario
As faltas de carácter laboral

    3.- As faltas de carácter societario clasifícanse en moi graves, graves e leves:
    3.1.Son faltas societarias moi graves:
    a) As operacións de competencia, o fraude nas achegas ao capital social, así como a manifesta desconsideración coas persoas integrantes dos órganos sociais ou coas persoas socias, que prexudique os intereses materiais e sociais ou o prestixio da cooperativa.
    b) A falsificación de documentos, sinaturas, cuños, selos, marcas, claves ou análogos.
    c) A non participación na actividade cooperativizada na contía mínima establecida nestes estatutos.
    d) Violar secretos da cooperativa que prexudiquen ou poidan prexudicar gravemente os intereses desta.
    e) A usurpación de funcións dos órganos sociais, de calquera dos seus cargos, da dirección e de traballadores ou traballadoras.
    f) O incumprimento das obrigas económicas coa cooperativa, incluíndo o impago das achegas obrigatorias ao capital social.
    g) Prevalerse da condición de persoa socia para desenvolver actividades contrarias ás leis.
    h) Ter sido obxecto de sanción durante os últimos cinco anos por dúas faltas graves.

    3.2.- Son faltas societarias graves:
    a) A non asistencia inxustificada ás asembleas xerais debida e validamente convocadas, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non asistir ás reunións de tal órgano social nos últimos cinco anos.
    b) A non asistencia inxustificada ás reunións dos órganos sociais, debidamente convocadas, para as que fora convocada aínda que non forme parte deles, cando a persoa socia teña sido sancionada dúas veces por falta leve por non ter acudido a tales convocatorias nos últimos cinco anos.
    c) Os malos tratos de palabra ou de obra ás persoas que formen parte de calquera órgano social, a outros socios e socias ou á dirección, e a empregados ou empregadas da sociedade.
    d) Non aceptar ou renunciar, sen causa xusta, aos cargos para os que fora elixido ou elixida pola asemblea xeral.
    e) Ter sido sancionado ou sancionada por tres faltas leves durante os últimos cinco anos.

    3.3.- Son faltas societarias leves:
    a) A falta de asistencia non xustificada ás reunións validamente convocadas da asemblea xeral.
    b) A falta de asistencia non xustificada ás reunións dos órganos sociais para os que fora debidamente convocada, aínda que non forme parte deles.
    c) A falta de notificación ao órgano de administración do cambio de domicilio da persoa socia, dentro dos dous meses seguintes dende que tal circunstancia se produza.
    d) Non observar as instrucións ditadas polos órganos competentes para a boa orde e desenvolvemento das operacións e actividades da cooperativa.

    4.- As faltas de carácter laboral clasifícanse en moi graves, graves e leves:

    4.1.- Son faltas laborais moi graves:
    a) O fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como calquera conduta constitutiva de delito.
    b) A manifesta insubordinación individual ou colectiva, incluída a agresión verbal e física.
    c) O falseamento voluntario de datos e información do servizo.
    d) A falta de asistencia ao traballo non xustificada durante máis de tres días ao mes.
    e) As faltas reiteradas de puntualidade non xustificada, durante dez días ou máis ao mes, ou durante máis de vinte días ao trimestre.
    f) A ocultación de datos relevantes respecto dos útiles, ferramentas, proceso produtivo ou servizos.

    4.2.- Son faltas laborais graves:
    a) Os malos tratos de palabra ou de obra a outras persoas socias traballadoras ou a outros asalariados ou asalariadas da cooperativa con ocasión da prestación do traballo.
    b) A falta de disciplina no traballo ou de respecto aos administradores e administradoras.
    c) O incumprimento das ordes e instrucións do órgano de administración e das obrigas concretas do posto de traballo ou as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves para o servizo.
    d) A desconsideración co público no exercicio do traballo.
    e) O incumprimento das normas e medidas de seguridade e hixiene do traballo establecidas, cando daquel poidan derivarse riscos para a saúde e a integridade física das persoas socias traballadoras, doutros socios e socias traballadoras ou do persoal asalariado.
    f) A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada durante tres días ao mes.
    g) As faltas repetidas de puntualidade inxustificada durante máis de cinco días ao mes.
    h) O abandono do traballo sen causa xustificada.
    i) A simulación de enfermidade ou accidente.
    j) A diminución continua e voluntaria no rendemento normal do traballo.
    k) A utilización ou difusión indebida de datos ou asuntos dos que se teña coñecemento por razón do traballo na cooperativa.

    4.3.- Son faltas laborais leves:
    a) A incorrección leve co público, con outras persoas socias traballadoras ou con asalariados e asalariadas da cooperativa.
    b) O atraso, neglixencia ou descoido no cumprimento das tarefas.
    c) Non comunicar coa debida antelación a falta de asistencia ao traballo por causa xustificada, a non ser que a persoa socia probe a imposibilidade de facelo.
    d) A falta de asistencia ao traballo sen causa xustificada durante un ou dous días ao mes.
    e) As faltas repetidas de puntualidade sen causa xustificada, de un a catro días ao mes.
    f) As faltas que se tipifiquen no regulamento interno, ou por acordo da asemblea xeral.

ARTIGO 15.- SANCIÓNS E PRESCRICIÓN

    1.- As sancións que se poderán impoñer ás persoas socias pola comisión das faltas son:
    - Por faltas moi graves: Multa de ..................EUROS a .......................EUROS , suspensión á persoa socia dos seus dereitos, ou expulsión.
    - Por faltas graves: Multa de .............. EUROS a ................ EUROS , ou suspensión á persoa socia dos seus dereitos .
    - Por faltas leves: Amoestación verbal ou escrita, ou multa de ........... EUROS a ............... EUROS  

    2.- A sanción de suspender á persoa socia nos seus dereitos só poderá ser imposta no suposto de que o socio ou socia estea ao descuberto das súas obrigas económicas coa cooperativa ou non participe nas actividades cooperativizadas nos termos establecidos nestes estatutos.

    A suspensión dos dereitos á persoa socia, que finalizará no momento no que normalice a súa situación, non alcanzará ao dereito de información nin ao da asistencia á asemblea con voz pero sen voto, nin a devengar o retorno, nin ás remuneracións dos xuros polas súas achegas ao capital social nin á actualización delas.

    3.- As faltas reflectidas no artigo anterior prescribirán se son leves ao mes, se son graves aos dous meses e se son moi graves aos tres meses, contados dende que o órgano de administración tivo coñecemento da súa comisión. En todo caso, prescribirán aos doce meses da data da súa comisión.

ARTIGO 16.- ÓRGANO SANCIONADOR E PROCEDEMENTO

    1.- A facultade sancionadora é competencia indelegable do órgano de administración, mediante expediente instruído para este efecto e audiencia do interesado ou interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.

    2.- Nos supostos de sanción por falta de carácter societario, e sen prexuízo do seu carácter executivo, a persoa socia poderá recorrer no prazo de 30 días dende a súa notificación, ante a asemblea xeral.

    O recurso ante a asemblea xeral deberá incluírse como primeiro punto da orde do día da primeira que se realice, e resolverase mediante votación secreta con audiencia previa do interesado ou interesada, podendo formalizarse esta mediante as súas alegacións por escrito.

    O acordo de sanción ou, se é o caso, a súa ratificación, poderá ser impugnado, no prazo de dous meses dende a súa notificación, ante a xurisdición ordinaria, pola vía procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

    3.- Nos supostos de sanción por falta de carácter laboral, o acordo de sanción poderá impugnarse ante a asemblea xeral no prazo de 15 días desde a súa notificación .

    A asemblea xeral  resolverá no prazo de dous meses por votación secreta, e logo de audiencia do interesado ou interesada. Se non recaese resolución expresa nos prazos establecidos, os recursos interpostos entenderanse estimados.

    Desde que o acordo sexa executivo poderá instarse a súa revisión ante a xurisdición da orde social.

ARTIGO 17.- EXPULSIÓN

    1.- A sanción de expulsión só poderá ser acordada polo órgano de administración por falta moi grave tipificada nos estatutos sociais, mediante expediente instruído para este efecto e con audiencia da persoa interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.

    2.- Cando a causa de expulsión sexa o encontrarse a persoa socia en descuberto das súas obrigas económicas, non operarán os prazos de prescrición establecidos no artigo anterior, podendo acordarse a expulsión en calquera momento, salvo que o socio ou socia regularice a súa situación durante a tramitación do expediente.

    3.- O procedemento sancionador axustarase ao establecido no artigo anterior, se ben o acordo de expulsión será executivo dende que sexa notificada a súa ratificación ou transcorra o prazo para recorrer. O acordo de expulsión poderá ser impugnado pola canle procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

    4.- Os acordos de expulsión derivados de faltas de carácter laboral unicamente poderán ser impugnados ante a asemblea xeral e, se ben será executivo cando sexa ratificado ou transcorrese o prazo para recorrer, a cooperativa poderá suspender á persoa socia no seu emprego, conservando esta todos os seus dereitos económicos. Se non recaese resolución expresa nos prazos establecidos os recursos interpostos entenderanse estimados.

    Desde que o acordo sexa executivo poderá instarse a súa revisión ante a xurisdición da orde social, que tamén resolverá sobre a transcendencia económica do período de tramitación.

ARTIGO 18.- PERSOA SOCIA EXCEDENTE E EN PERÍODO DE EXCEDENCIA

    1.- O órgano de administración da cooperativa poderá conceder a condición de persoa socia excedente a aqueles socios e socias que por causa xustificada deixen de selo, mediante solicitude dirixida a tal órgano social, que deberá resolver nun prazo máximo de dous meses. Transcorrido este prazo sen resolución expresa entenderase admitida a solicitude.

    No caso de seren admitidos na condición de persoa socia excedente, non poderán solicitar o reembolso das súas achegas ao capital social mentres permanezan en tal condición e non estarán obrigados a realizar novas achegas ao capital social.

    Se a persoa socia excedente volvese a reunir as condicións e os requisitos para ser socio ou socia activa, poderá solicitalo do órgano de administración, quen autorizará de inmediato a recuperación de tal condición con todos os dereitos e obrigas inherentes a ela. En todo caso a súa baixa terá sempre a consideración de xustificada.

    2.- As persoas socias terán dereito a un período de excedencia nos termos fixados polo regulamento de réxime interno ou por acordo da asemblea xeral, que non poderá ser superior a seis meses cando supoña deixar a cooperativa cun número de persoas socias inferior a tres.

    Os socios e socias en excedencia pasaran á situación prevista para as persoas socias excedentes, coa particularidade de que estarán obrigados a realizar novas achegas ao capital social.

    No caso de excedencia forzosa, teñen dereito á reserva do seu posto de traballo, e a súa incorporación producirase nun prazo non superior a un mes dende o cesamento da causa que a motivou.

    3.- As persoas socias excedentes e en período de excedencia rexeranse, ademais, polas seguintes normas:
    a) Teñen dereito a recibir os xuros que acorde a asemblea xeral, e ao reembolso das súas achegas nas mesmas condicións e prazos que para o resto dos socios e socias.
    b) Non terán dereito ao retorno cooperativo, se ben poderán utilizar os servizos da cooperativa en canto resulte legalmente compatible coa súa condición persoal.
    c) Non poderán formar parte dos órganos sociais , pero poderán participar na asemblea xeral, con voz e voto.

ARTIGO 19.- PERSOA SOCIA COLABORADORA

    1.- Poderán ser socios e socias da cooperativa, en calidade de socios ou socias colaboradoras, aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que, sen poderen realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, queiran colaborar na súa consecución e desembolsen as achegas previstas .

    2.- A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia colaboradora será de ................ , e a máxima será a que acorde a asemblea xeral. Esta achega deberá desembolsarse na súa totalidade para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora.

    3.- As persoas socias colaboradoras da cooperativa teñen os seguintes dereitos:
    a) A ser elector e elixible para os cargos dos órganos sociais da sociedade.
    b) A presentar propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que forme parte.
    c) A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
    d) A percibir o retorno cooperativo nos termos que acorde a Asemblea Xeral
    e) Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como a percibir, se é o caso, xuros por elas.
    f) As persoas socias que acheguen exclusivamente capital, percibirán, de ser o caso, o xuro que acorde a asemblea xeral, sen que poida ser inferior ao que perciban as demais persoas socias, nin superior en máis de seis puntos ao xuro legal do diñeiro.
    g) Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da Lei de cooperativas de Galicia.
    h) A todos os demais dereitos establecidos nas leis, nestes estatutos sociais ou nos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

    4.- Os socios e socias colaboradores teñen as seguintes obrigacións:
    a) Asistir ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os que fosen convocados ou convocadas.
    b) Non realizar actividades competitivas coas propias desenvoltas pola cooperativa salvo autorización expresa do órgano de administración.
    c) Gardar secreto sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa que coa súa divulgación poidan prexudicar aos intereses daquela.
    d) Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións establecidas nestes estatutos. Así como desembolsar as cotas de ingreso acordadas, se é o caso, pola asemblea xeral.
    e) Aceptar os cargos para os que fosen elixidos ou elixidas, salvo xusta causa de escusa.
    f) Cumprir con calquera outro deber legal ou estatutario, así como cos acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

5.- O réxime de baixa será o establecido para as persoas socias traballadoras nestes estatutos.

    6.- O conxunto destes socios e socias, salvo que sexan sociedades cooperativas, non poderá superar un terzo de membros do órgano de administración, sen que en ningún caso poidan desempeñar os cargos da presidencia e vicepresidencia.

    7.- Tamén poderán ser socias colaboradoras aquelas cooperativas coas que se subscriba un acordo de colaboración intercooperativo.

ARTIGO 20.- RÉXIME DE PRESTACIÓN DO TRABALLO

    1.- O Regulamento de réxime interno regulará a organización básica do traballo, que fará referencia como mínimo á estrutura da empresa, clasificación profesional, mobilidade funcional e xeográfica, licenzas retribuídas e excedencias.

    2.- Por proposta do órgano de administración, a asemblea xeral aprobará anualmente o calendario sociolaboral, que conterá como mínimo a duración da xornada de traballo, o descanso mínimo entre cada xornada e o descanso semanal, as festas e as vacacións anuais e as pausas, así como todo aquilo que coide necesario para a boa marcha da empresa.

    3.- O réxime de prestación de traballo posibilitará entre as persoas socias da cooperativa, a compatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional pleno coas situacións de maternidade e paternidade e cos coidados de menores e persoas dependentes, e adoptará medidas que favorezan ás socias da cooperativa vítimas de violencia de xénero, en cumprimento das previsións establecidas na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro.

    4.- Será aplicable, como dereito de contido mínimo necesario, a normativa laboral para o persoal traballador por conta allea.

ARTIGO 21.- SUSPENSIÓNS E BAIXA OBRIGATORIA POR CAUSAS ECONÓMICAS, TECNOLÓXICAS OU DE FORZA MAIOR

    1.- Suspenderase temporalmente a obriga e o dereito da persoa socia traballadora a prestar o seu traballo na cooperativa, con perda dos dereitos e obrigas económicas derivadas de dita prestación, polas causas e de acordo co establecido na Lei de cooperativas de Galicia e nestes estatutos.

    2.- Cando se produzan causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior que así o fagan necesario, poderase suspender temporalmente a prestación de traballo, coa perda dos dereitos e das obrigas económicas da dita prestación, conservando o resto.

    A asemblea xeral deberá declarar a causa, a necesidade e o tempo de suspensión, designando nominalmente as persoas socias afectadas. Ao cesar a causa, a persoa socia recobrará plenamente todos os seus dereitos e obrigas.

    3.- Cando a causa ou as causas obriguen a reducir con carácter definitivo o número de postos de traballo, seguirase o mesmo procedemento indicado no apartado anterior, cualificándose a baixa como xustificada, con dereito ao reembolso inmediato á persoa socia da súa achega ao capital social e con dereito preferente ao reingreso no prazo dos tres anos seguintes á baixa.

    4.- No suposto de que as persoas socias que causen baixa obrigatoria sexan titulares das achegas de reembolso rexeitable e a cooperativa non acorde o reembolso inmediato destas, as persoas socias que permanezan na cooperativa deberán adquirir estas achegas no prazo máximo de seis meses a partir da data da baixa, nos termos que acorde a asemblea xeral.

ARTIGO 22.- SEGURIDADE SOCIAL

    A cooperativa opta, para os efectos de desfrute dos beneficios da seguridade social dos seus socios e socias traballadoras, polo réxime .................

ARTIGO 23.- SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

    1.- Seralle aplicable á cooperativa e aos seus socios e socias traballadoras a normativa sobre seguridade e saúde laboral.

    2.-Os delegados e delegadas de prevención previstos na normativa de prevención de riscos laborais, serán elixidos polas persoas socias  traballadoras da cooperativa e de entre elas. En caso de existir persoal asalariado na cooperativa, a designación realizarase conxuntamente entre ambos colectivos. Existirá como mínimo un delegado ou delegada de prevención, incrementándose este número nos termos previstos na devandita normativa.


CAPITULO III. Dos órganos sociais.

SECCIÓN PRIMEIRA - Da asemblea xeral

ARTIGO 24.- COMPOSICIÓN E CLASES

    1.- A asemblea xeral, como órgano supremo de expresión da vontade social, é a reunión das persoas socias constituída co obxecto de deliberar sobre a política xeral da cooperativa e adoptar acordos sobre aqueles asuntos que, en virtude da Lei de cooperativas de Galicia ou destes estatutos, sexan da súa competencia, vinculando as súas decisións adoptadas validamente a todas as persoas socias da cooperativa.

    2.- As asembleas xerais poden ser ordinarias ou extraordinarias.

    3.- A asemblea xeral ordinaria ten por obxecto principal examinar a xestión social, aprobar, se procede, o plan empresarial e as contas anuais e resolver sobre a proposta de distribución de excedentes ou a imputación de perdas, e poderase incluír na orde do día da súa convocatoria calquera outro asunto propio da súa competencia. Todas as demais asembleas terán o carácter de extraordinarias.

ARTIGO 25.- COMPETENCIAS

    1.-  Correspóndelle en exclusiva á asemblea xeral a adopción dos seguintes acordos:
    a) A aprobación do plan empresarial da cooperativa, presentado polo consello reitor, que será o responsable da súa xestión e execución.
    b) O nomeamento e revogación, mediante votación secreta, das persoas integrantes dos órganos sociais, así como o exercicio da acción de responsabilidade contra elas.
    c) O nomeamento e a revogación da auditoría de contas.
    d) O exame da xestión social, a aprobación das contas anuais e a distribución de excedentes ou imputación de perdas.
    e) O establecemento de novas achegas obrigatorias ou voluntarias, a fixación de xuros que lles puidesen corresponder, e a súa actualización.
    f) A emisión de obrigas, títulos participativos ou outros tipos de participacións que puideran establecerse ou de calquera outro título admitido en dereito.
    g) A aprobación ou modificación do regulamento de réxime interno da cooperativa.
    h) O establecemento ou modificación das cotas de ingreso e periódicas.
    i) A constitución de cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación económica, así como a adhesión ou separación delas.
    j) A modificación dos estatutos.
    k) A fusión, escisión, transformación, disolución e liquidación da sociedade.
    l) A creación de seccións e a aprobación e modificación, de ser o caso, dos seus regulamentos de réxime interno.
    m) A cesión ou alleamento da sociedade ou de parte dela, ou calquera outra decisión que supoña unha modificación substancial da estrutura económica, social, organizativa ou funcional dela.
    n) A aprobación anual do plan de formación profesional individualizado, que alcance a totalidade das persoas socias e ao que deberán asignarse os recursos económicos precisos.
    ñ) Todos os demais acordos nos que así o estableza a lei ou os estatutos .

    2.- A asemblea xeral poderá debater sobre cantos asuntos sexan de interese para a cooperativa, sempre que consten na orde do día, pero unicamente poderá adoptar acordos obrigatorios en materias ou asuntos que a Lei de cooperativas de Galicia non considere competencia exclusiva doutros órganos sociais.

    3.- A competencia da asemblea xeral sobre aqueles asuntos e actos nos que o seu acordo é preceptivo por imperativo legal ten carácter indelegable.

ARTIGO 26.- CONVOCATORIA

    1.- A asemblea xeral será convocada polo órgano de administración, que fixará a orde do día da convocatoria.

    Cando un número de persoas socias que represente o 5% ou acade a cifra de 100,  propoñan por escrito, con antelación á convocatoria dunha asemblea xeral, asuntos para introducir na orde do día desta, estes deberán ser incluídos polo órgano de administración na primeira que teña lugar. Non se poderán incorporar novos asuntos na orde do día unha vez convocada a asemblea.

    2.- A asemblea xeral ordinaria será convocada dentro dos seis primeiros meses seguintes á data de pechamento do exercicio social. Se transcorre o dito prazo sen que tivese lugar a convocatoria, calquera persoa socia poderá requirir fidedignamente ao órgano de administración que proceda a efectuala. Se este non a convoca no prazo de quince días, contados desde a recepción do requirimento, calquera persoa socia poderá solicitarlla ao xulgado competente do domicilio social, que deberá convocala, designando quen a deba presidir. Neste caso producirase a destitución inmediata do órgano de administración, e procederase á súa nova elección .

    3.- A asemblea xeral extraordinaria reunirase en calquera momento por iniciativa propia do órgano de administración  ou por petición de persoas socias que representen polo menos o 20% do total de votos sociais ou 100 persoas socias, efectuada por medio dun requirimento fidedigno ao órgano de administración que inclúa a orde do día cos asuntos e coas propostas a debate. Se a asemblea xeral non fora convocada no prazo de trinta días, contados desde a recepción da solicitude, calquera persoa socia poderá solicitar convocatoria xudicial conforme o previsto no número anterior.

ARTIGO 27.- FORMA DA CONVOCATORIA

    1.- A asemblea xeral convocarase mediante anuncio exposto publicamente no domicilio social da cooperativa e en cada un dos centros nos que desenvolva a súa actividade, así como por medio de carta ao domicilio da persoa socia.

    A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de 15 días no suposto de asembleas ordinarias e de 10 días no de extraordinarias, e cun máximo de dous meses á data de celebración da asemblea xeral.

    2.- A convocatoria indicará polo menos, a data, hora e lugar de reunión, en primeira e segunda convocatoria, sendo o intervalo entre unha e outra de media hora, e expresará con claridade, precisión e suficiente detalle os asuntos que compoñen a orde do día, así como a documentación relativa a ela, que poderá examinarse no domicilio social da cooperativa.

ARTIGO 28.-CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA ASEMBLEA

    1.- A asemblea xeral, salvo que teña o carácter de universal, celebrarase na localidade onde radica o domicilio social da cooperativa.

    2.- A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda cando estean presentes e representados como mínimo o 10 por 100 dos votos ou 100 votos.  

    Serve acadar estes quórums ao comezo da sesión para que a presidencia a declare validamente constituída.

    3.- Terán dereito a asistir á asemblea xeral aquelas persoas socias que o sexan na data de realización daquela.

    As persoas socias poderán asistir por medios telemáticos que garantan debidamente a súa identidade. Na convocatoria determinaranse os prazos, as formas e os modos de exercicio dos dereitos por aqueles que asistan telematicamente á asemblea.

    4.- Presidirá a asemblea xeral a presidencia do consello reitor, e na súa ausencia a vicepresidencia do mesmo órgano e, en defecto de ambos, quen elixa a asemblea xeral de entre as persoas socias presentes.

    5.- A secretaría da asemblea xeral será quen exerza tal función no consello reitor, e no seu defecto quen acorde a asemblea de entre as persoas socias presentes nela.

    6.- Cando na orde do día figuren asuntos que afecten directamente á presidencia ou á secretaría da asemblea, esta virá obrigada a elixir de entre as persoas socias presentes ás persoas que as substitúan en tal función.

    7.- As votacións serán secretas nos supostos estable¬cidos nestes estatutos ou na Lei de cooperativas de Galicia, ademais naqueles en que, a solicitude de calquera persoa socia, o acorden mediante votación o 10 por 100 dos votos sociais presentes e representados na asemblea.

    8.- Serán nulos os acordos sobre asuntos que non consten na orde do día, salvo o de convocar unha nova asemblea xeral, prorrogar a sesión, destituír ou revogar a calquera membro dos órganos sociais, conforme ao establecido no artigo 45, apartado 3, da Lei de cooperativas de Galicia, e acordar o exercicio da acción de responsabilidade contra as persoas que formen parte de tales órganos, así como solicitar auditoría externa da sociedade.

    9.- A asemblea xeral ou o órgano de administración poderá autorizar a asistencia sen dereito a voto, de persoas das que a súa presenza resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.

    10.- O órgano de administración poderá requirir a presenza de notario ou notaria para que levante acta da asemblea xeral, que terá o carácter de acta única desta, e estará obrigado a facelo sempre que, con cinco días de antelación ao previsto para a súa celebración, o soliciten como mínimo o 10 por 100 das persoas socias ou 100 votos sociais. Os honorarios serán por conta da cooperativa.

    En todo caso, calquera socio poderá esixir a presenza de notario ou notaria na asemblea para dar fe do que alí ocorra, e non terá outra eficacia que a derivada do propio instrumento público e os seus honorarios serán satisfeitos por quen requirise a súa presenza.

ARTIGO 29.- DEREITO DE VOTO

    1.- Cada persoa socia ten dereito a un voto. En ningún caso existirá voto dirimente ou de calidade.

    2.- O conxunto total dos votos das persoas socias excedentes, colaboradoras e a proba, non poderá superar mais dun terzo dos votos sociais da cooperativa.

    3.- Cando a asemblea delibere e acorde sobre expedientes disciplinarios, a persoa socia afectada por dito expediente deberá absterse de votar, así como para o caso de conflito de intereses entre a persoa socia e a cooperativa, dos relacionados no artigo 49 da Lei de cooperativas de Galicia.

    4 .- Os socios e socias poderán facerse representar por outras persoas socias, polo seu cónxuxe, ou polos seus parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo por afinidade, con plena capacidade de obrar, autorizándoas por escrito autógrafo ou poder especial subscrito polo representado ou representada para cada asemblea, verificada tal representación polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da asemblea .

    Ningunha persoa socia poderá ter máis de dúas representacións, ademais da súa. A representación conferida entenderase revogada se o socio ou socia asiste á asemblea xeral para a que concedeu a representación.

ARTIGO 30.- ADOPCIÓN DE ACORDOS

    1.- Os acordos da asemblea xeral, salvo nos supostos establecidos nestes estatutos ou na Lei de cooperativas de Galicia, serán adoptados por máis da metade dos votos validamente expresados, non sendo computables para estes efectos nin os votos en branco nin as abstencións. A mesma maioría será necesaria para o acordo da asemblea xeral sobre a transformación da cooperativa en sociedade cooperativa ordinaria.

    A mesma maioría  requirirase para acordar a imposición de novas achegas obrigatorias ao capital social e o establecemento ou modificación de cotas de ingreso ou periódicas.

    2.- Requirirase a maioría de dous terzos dos votos presentes e representados para a adopción de acordos sobre modificación de estatutos, fusión, escisión, disolución e reactivación da sociedade.

    3.- Os acordos adoptados pola asemblea xeral producirán os efectos que lle son propios dende o momento da súa adopción.

ARTIGO 31.-IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DA ASEMBLEA XERAL

    1.- Os acordos da asemblea xeral que sexan contrarios á Lei, se opoñan a estes estatutos ou lesionen en beneficio dunha ou máis persoas socias, ou de terceiras persoas, os intereses da cooperativa, poderán ser impugnados segundo as normas establecidas no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

    2.- As persoas integrantes do órgano de administración  están obrigadas a exercer as accións de impugnación contra os acordos sociais, cando sexan contrarios á Lei ou se opoñan aos estatutos.

    3.- Para o exercicio de accións de impugnación de acordos anulables están lexitimadas as persoas socias que asistiron á asemblea que fixesen constar na acta a súa oposición ao acordo adoptado ou o seu voto en contra, as persoas socias ausentes e as que fosen ilexitimamente privadas de emitir o seu voto.

    Para o exercicio de accións de impugnación de acordos nulos están lexitimadas todas as persoas socias e as terceiras persoas que acrediten interese lexítimo.

    4.- A acción de impugnación de acordos nulos caducará polo transcurso dun ano, dende a data de adopción do acordo ou dende a súa inscrición no rexistro de cooperativas. A acción de impugnación de acordos anulables caducará transcorrido un mes, dende a súa adopción ou inscrición.

SECCIÓN SEGUNDA - Dos órganos da cooperativa

ARTIGO 32.- NATUREZA E COMPETENCIAS  

    1.- O consello reitor é o órgano de goberno, xestión e representación da cooperativa, con suxeición á Lei, aos estatutos e á política xeral fixada pola asemblea xeral, sen prexuízo do establecido a este respecto no artigo 31, apartado 2, da Lei de cooperativas de Galicia, exercendo, ademais, todas aquelas facultades que non lle estean reservadas por tal Lei ou polos estatutos a outro órgano social.

    2.- A representación atribuída ao órgano de administración estenderase en xuízo e fóra del a todos os asuntos concernentes á cooperativa. Calquera limitación ás súas facultades establecida nos estatutos non poderá facerse valer fronte a terceiras persoas.

    3.- O presidente ou presidenta do consello reitor, que o será tamén da cooperativa, terá a representación legal dela, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se a súa actuación non se axusta aos acordos da asemblea xeral ou do propio consello reitor.

    4.- O órgano de administración poderá nomear por maioría de dous terzos das persoas que o integren e de entre elas, a conselleiros delegados ou conselleiras delegadas , persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario da cooperativa.

    En ningún caso poderá ser obxecto de delegación a rendición de contas e a presentación do balance á asemblea xeral, así como aquelas outras facultades que con carácter de indelegables veñan establecidas polos estatutos ou pola Lei de cooperativas de Galicia. O nomeamento e cese, así como as facultades conferidas, constarán na escritura pública e deberán inscribirse no rexistro de cooperativas competente.

    5.- Coa excepción das facultades que, por disposición legal ou estatutaria, sexan indelegables dos órganos sociais, o órgano de administración poderá conferir apoderamentos xerais ou singulares, así como proceder á súa revogación, a calquera persoa física, cuxas facultades representativas, de xestión e/ou de dirección, referidas ao xiro e tráfico ordinario da cooperativa, serán as outorgadas na escritura pública de poder, que deberá ser inscrita no correspondente rexistro de cooperativas.

ARTIGO 33.- COMPOSICION

    1.- O consello reitor componse de........ membros titulares  

    2.- Os cargos do consello reitor son: presidencia, vicepresidencia, secretaría, vogal 1º, vogal 2º ........ e ...........

ARTIGO 34.- ELECCIÓN

    1.- O consello reitor  será elixido pola asemblea xeral de entre as persoas socias, en votación secreta, polo maior número de votos .

    2.-Procurarase unha representación equilibrada de mulleres e homes na composición do consello reitor, posibilitando ás persoas que o integran a compatibilidade e a conciliación do seu exercicio profesional pleno coas situacións de maternidade e paternidade e cos coidados de menores e persoas dependentes.

    3.- Os cargos do consello reitor serán elixidos pola asemblea xeral .

    Se a persoa elixida é unha persoa xurídica, esta deberá nomear á persoa física que, vinculada por calquera título a esta, a represente no cargo para o que fose designada para cada elección.

    4.-  (...........).

ARTIGO 35.- DURACIÓN, CESAMENTO E VACANTES

    1.- As persoas integrantes do consello reitor serán elixidas por un período de ......  anos, renovándose simultaneamente na súa totalidade ao vencemento do prazo, e poderán ser reelixidas .

    2.- A renuncia dos conselleiros e conselleiras poderá ser aceptada polo consello reitor, así como pola asemblea xeral aínda que o asunto non conste na orde do día. As vacantes que se produzan no consello reitor cubriranse na primeira asemblea xeral que se celebre, a excepción do caso de que sexa a propia asemblea quen acepte o cese ou a renuncia, suposto no que, debe procederse a cubrir o cargo vacante no mesmo acto.

    3.- A asemblea xeral poderá destituír dos seus cargos ás persoas integrantes do consello reitor en calquera momento, aínda que o asunto non conste na orde do día, por acordo de máis da metade dos votos totais da cooperativa. Se o asunto constase na orde do día bastará o acordo favorable da maioría dos votos presentes e representados.

    4.-Vacante o cargo de presidente ou presidenta substituirao nas funcións o vicepresidente ou vicepresidenta ata que se cubra dito cargo.

    5.- Resultará de aplicación o disposto no artigo 45 da Lei de cooperativas de Galicia, no que non estea establecido neste artigo.

ARTIGO 36.- FUNCIONAMENTO DO CONSELLO REITOR

    1.- A reunión do consello reitor deberá ser convocada polo presidente ou presidenta, ou quen a substitúa, por iniciativa propia ou por petición de calquera conselleiro ou conselleira. Se a solicitude non fora atendida no prazo de 10 días poderá ser convocada por quen fixese a petición, sempre que logre para a súa convocatoria a adhesión como mínimo dun terzo do consello.

    2.-Poderá convocarse á reunión, sen dereito a voto, ao letrado asesor ou letrada asesora e ao persoal técnico da sociedade, así como a outras persoas sempre e cando a súa presenza resulte de interese para o bo funcionamento da cooperativa.

    3.- O consello quedará validamente constituído cando concorran persoalmente á reunión máis da metade das persoas que o compoñen. As persoas conselleiras non poden facerse representar.

    4.- Os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados, salvo nos supostos establecidos na Lei de cooperativas de Galicia. Para acordar os asuntos que deban incluírse na orde do día da asemblea xeral será suficiente o voto favorable dun terzo das persoas que compoñen o consello.

    Cada persoa conselleira terá un voto. O voto do presidente ou presidenta dirimirá os empates.

ARTIGO 37.- REMUNERACIÓN

    As persoas integrantes do órgano de administración poderán ser remuneradas segundo estableza a asemblea xeral para cada exercicio económico.  En todo caso, serán compensadas dos gastos que lles orixine a súa función, salvo os de asistencia ás asembleas xerais.

ARTIGO 38.- INCAPACIDADES E INCOMPATIBILIDADES

    1.- No réxime de incapacidades e incompatibilidades estarase ao disposto no artigo 48 da Lei de cooperativas de Galicia.

    2.- Son incompatibles entre si os cargos do órgano de administración. Non obstante, serán compatibles con ascendentes, descendentes e afíns, sen distinción de grao, e cónxuxe .

ARTIGO 39.- RESPONSABILIDADE DAS PERSOAS INTEGRANTES DO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN

    1. As persoas integrantes do órgano de administración actuarán coa dilixencia debida e con lealdade á representación e responsabilidade que ostentan. Responderán solidariamente fronte á cooperativa, ás persoas socias e terceiras persoas do dano causado por actos contrarios á Lei ou aos estatutos, e polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Estarán exentas de responsabilidade as persoas conselleiras que salvasen expresamente o seu voto nos acordos que causasen dano, e as ausentes que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos 30 días seguintes ao da adopción de tal acordo.

    As persoas conselleiras deberán gardar segredo sobre aqueles asuntos que teñan carácter confidencial, aínda despois de cesar nas súas funcións.

    2.- Non exonerará de responsabilidade o feito de que o acto ou acordo lesivo fose adoptado, autorizado ou ratificado pola asemblea xeral.

ARTIGO 40.- ACCIÓNS DE RESPONSABILIDADE

    A acción de responsabilidade contra as persoas integrantes do órgano de administración poderá ser exercida pola cooperativa mediante acordo da asemblea xeral adoptado por máis da metade dos votos presentes e representados, aínda que o asunto non conste na orde do día.

    Será de aplicación en todo o relacionado coa acción de responsabilidade, o establecido no artigo 51 da Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 41.- IMPUGNACIÓN DE ACORDOS DO ÓRGANO DE ADMINISTRACIÓN

    1.- Os acordos do órgano de administración que sexan contrarios á Lei ou aos estatutos, que vulneren os dereitos da persoa socia ou que lesionen en beneficio dun a varios socios e socias ou de terceiras persoas os intereses da cooperativa, poderán ser impugnados.

    Para os efectos da posibilidade de impugnación, os acordos das persoas conselleiras delegadas, se existisen, entenderanse adoptados polo órgano de administración.

    2.- Están lexitimadas para interpoñer as accións de impugnación de acordos anulables aquelas persoas integrantes do órgano de administración que fixesen constar en acta a súa oposición ao acordo, as ausentes que fixesen constar a súa oposición mediante documento fidedigno dirixido ao órgano de administración nos 30 días seguintes ao da adopción do acordo, ademais das persoas socias que representen, como mínimo, o 10 por 100 dos votos sociais .

    Para a impugnación de acordos nulos está lexitimada calquera persoa socia, incluídas as pertencentes ao órgano de administración que votasen a favor do acordo e as que se abstivesen.

    3.- As accións de impugnación de acordos nulos e anulables deberán ser interpostas nun prazo de dous meses contados dende que se tivese coñecemento do acordo, e sempre que non transcorrese un ano dende a súa adopción.

    4.- As accións de impugnación tramitaranse e producirán os efectos previstos conforme ao establecido nestes estatutos para a impugnación de acordos da asemblea xeral.


CAPITULO IV. Do réxime económico.

ARTIGO 42.- RESPONSABILIDADE

    Os socios responderán das débedas sociais só ata o límite das súas achegas subscritas ao capital social, estean ou non desembolsadas na súa totalidade. A persoa socia que cause baixa na cooperativa responderá persoalmente polas débedas sociais, previa excusión do haber social, durante 5 anos dende a perda da súa condición de socio ou socia, polas obrigas contraídas pola cooperativa con anterioridade á súa baixa, ata o importe reembolsado das súas achegas ao capital social.

ARTIGO 43.- CAPITAL SOCIAL

    1.- O capital social da sociedade cooperativa estará constituído polas achegas de natureza patrimonial realizadas a el polas persoas socias, xa sexan obrigatorias ou voluntarias, que poderán ser:

    a) Achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa.
    b) Achegas cuxo reembolso no caso de baixa poida ser rexeitado incondicionalmente polo órgano de administración.

    2.- A transformación obrigatoria das achegas con dereito ao reembolso no caso de baixa en achegas cuxo reembolso poida ser rexeitado incondicionalmente polo órgano de administración, ou a transformación inversa, requirirán o acordo da asemblea xeral, adoptado pola maioría esixida para a modificación dos estatutos. A persoa socia que salvase expresamente o seu voto, ou estea ausente ou desconforme con esta transformación, poderá darse de baixa cualificándose como xustificada.

    3.- As achegas acreditaranse mediante títulos nominativos non negociables, que reflectirán as que se realicen, as súas actualizacións, as deducións practicadas á persoa socia por imputación de perdas, e a parte de capital subscrito e non desembolsado.

    4.- As achegas realizaranse en moeda de curso legal. Non obstante, poden consistir tamén en bens e dereitos susceptibles de valoración económica. O órgano de administración fixará o seu valor, logo do informe dunha ou varias persoas expertas independentes designadas por el baixo a súa responsabilidade .

    5.- O importe total das achegas de cada cooperativista deberá ser inferior ao 50% do capital social.

ARTIGO 44.- CAPITAL SOCIAL MINIMO

    O capital social mínimo fíxase en ............ EUROS, que deberá estar totalmente desembolsado.

ARTIGO 45.- ACHEGAS OBRIGATORIAS

    1.- A achega obrigatoria mínima para ser persoa socia da cooperativa será de .................. EUROS , tendo que desembolsar desta cantidade un 25 por 100  como mínimo para adquirir a condición de socio ou socia no momento da súa subscrición, e o resto no prazo que acorde a asemblea xeral.

    2.- A asemblea xeral poderá acordar a esixencia de novas achegas obrigatorias fixando a súa contía, os prazos e as condicións de desembolso. A persoa socia que tivese desembolsadas achegas voluntarias poderá aplicalas en todo ou parte a cubrir as novas achegas.

    O socio ou socia desconforme coa ampliación obrigatoria do capital social poderá darse de baixa, que deberá cualificarse como xustificada.

    3.- Se pola imputación de perdas da cooperativa ás persoas socias, a achega ao capital social dalgún deles quedase por debaixo da mínima obrigatoria, o socio ou socia afectada deberá realizar a achega necesaria ata acadar tal mínimo, para o que será requirido inmediatamente polo órgano de administración, que fixará o prazo para efectuar o desembolso. Este prazo non poderá ser inferior a dous meses.

    4.- A persoa socia que non desembolse as achegas nos prazos previstos incorrerá en mora polo mero vencemento do prazo, e deberá aboar á cooperativa o xuro legal que corresponda e resarcila dos danos e prexuízos causados pola morosidade, podendo ser tamén suspendida dos seus dereitos ata que normalice a súa situación, e se non realiza o desembolso no prazo de dous meses dende que fose requirida para iso, poderá ser expulsada da sociedade.

    5.- A asemblea xeral ordinaria fixará anualmente a contía da achega obrigatoria para adquirir a condición de persoa socia e as condicións e prazos de desembolso.

    O importe das achegas obrigatorias das novas persoas socias non poderán ser inferiores á mínima para ser socio ou socia fixada nestes estatutos nin superior ás efectuadas polas persoas socias actuais incrementadas na contía que resulte de aplicar o índice de prezos ao consumo.

    6.- A asemblea xeral poderá acordar que as achegas obrigatorias ao capital social reporten un xuro pola parte efectivamente desembolsada na contía que aquela estableza, que en ningún caso poderá ser superior ao do xuro legal do diñeiro incrementado en tres puntos.

    7.- A remuneración das achegas obrigatorias ao capital social estará condicionada á existencia no exercicio económico de resultados positivos ou reservas de libre disposición.

    8.- Se a asemblea xeral acorda devindicar xuros para as achegas obrigatorias ao capital social ou repartir retornos, as achegas de reembolso rexeitable que pertenzan ás persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolso fose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a dita remuneración

ARTIGO 46.- ACHEGAS VOLUNTARIAS

    1.- A asemblea xeral poderá acordar a admisión de achegas voluntarias ao capital social que vaian realizar as persoas socias, fixando as condicións delas, sen que a retribución que se estableza, de ser o caso, exceda o interese legal do diñeiro incrementado en seis puntos .

    2.- As achegas voluntarias deberán desembolsarse totalmente no momento da subscrición e terán o carácter de permanencia propia do capital social do que pasan a formar parte.

    3.- A remuneración das achegas voluntarias ao capital social estará condicionada á existencia no exercicio económico de resultados positivos ou reservas de libre disposición.

    4. Se a asemblea xeral acorda devindicar xuros para as achegas voluntarias ao capital social ou repartir retornos, as achegas de reembolso rexeitable que pertenzan a persoas socias que causasen baixa na cooperativa e cuxo reembolso fose rexeitado polo órgano de administración, terán preferencia para percibir a dita remuneración.

ARTIGO 47.- TRANSMISIÓN DE ACHEGAS

    1.- As achegas poderán transmitirse por actos intervivos, previa notificación ao órgano de administración, entre persoas socias preferentemente e entre aquelas que reunindo os requisitos para ser socio ou socia, se comprometan a selo nos tres meses seguintes, nos termos fixados nos estatutos para adquirir a condición de persoa socia.

    2.- As achegas poderán transmitirse por sucesión mortis causa a quen acredite ser causahabente se fose persoa socia e así o solicite ou, se non o fose, previa admisión como tal, que deberá solicitarse no prazo de tres meses dende o falecemento, sen que teña a obriga de desembolsar cota de ingreso.

    Noutro caso, terá dereito á liquidación do crédito correspondente á achega social.

    Se os herdeiros ou herdeiras fosen varias persoas, a cooperativa poderá esixir que o dereito á condición de persoa socia sexa exercido por unha soa persoa, con expreso consentimento das demais, e se non existise acordo entre elas procederase ao abono da liquidación da achega social do causante a aquelas que acrediten ter dereito a ela.

ARTIGO 48.- REEMBOLSO DAS ACHEGAS

    1.- A persoa socia estará facultada para esixir o reembolso das súas achegas ao capital social, no caso da súa baixa. Igualmente estarán facultadas as persoas que posúan dereitos sobre elas.

    O órgano de administración poderá rexeitar o reembolso cando se trate de achegas cuxo reembolso, no caso de baixa, poida ser rexeitado incondicionalmente  .

    2.- A liquidación destas achegas farase polo seu valor nominal segundo o balance de pechamento do exercicio no que se produza a baixa. Pódense establecer deducións sobre todas as cantidades reembolsables polos conceptos de achegas obrigatorias, o retorno cooperativo ao que teñan dereito e fondos de reserva repartibles que poidan corresponderlles, que non serán superiores ao 30% no caso de expulsión nin ao 20% no caso de baixa non xustificada. Non se poderán aplicar deducións sobre as achegas voluntarias.

    No caso de baixa xustificada, non procederá ningunha dedución.

    Deberase ter en conta o incremento do 10 % establecido para os supostos de incumprimento do prazo de preaviso ou do período de permanencia mínimo.

    A decisión sobre a porcentaxe de dedución aplicable en cada caso será competencia do órgano de administración, en función das circunstancias que concorran.

    3.- Sen prexuízo das deducións anteriormente citadas, computaranse, se é o caso, e para efectos do oportuno desconto das cantidades que teñan que devolverse á persoa cooperativista que causa baixa, as perdas, imputadas e imputables, reflectidas no balance de pechamento do exercicio no que se produza a baixa, xa correspondan ao dito exercicio ou proveñan doutros anteriores ou estean sen compensar.

    4.- O órgano de administración poderá aprazar o reembolso da liquidación durante un prazo de cinco anos no caso de expulsión ou baixa non xustificada, de tres anos no caso de baixa xustificada e de un ano no caso de defunción, contado dende a data do peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa.

    As cantidades aprazadas darán dereito a percibir o xuro legal do diñeiro dende a data de peche do exercicio en que a persoa socia causou baixa, e non poderán ser actualizadas.
    Cando o órgano de administración acorde a devolución das achegas de reembolso rexeitable, deberá facerse nos prazos establecidos contados dende a data do acordo de reembolso.

    5.- O órgano de administración terá un prazo dun mes dende a aprobación das contas do exercicio no que causase baixa a persoa socia, para comunicar a liquidación efectuada.

    6.- Cando nun exercicio económico o importe da devolución das achegas supere o ..........% do capital social, os novos reembolsos estarán condicionados ao acordo favorable do órgano de administración.

    7.-  Cando as persoas titulares de achegas de reembolso rexeitable causasen baixa, o reembolso que, se é o caso, acorde o órgano de administración efectuarase por orde de antigüidade das solicitudes de reembolso ou, cando non haxa tal solicitude, por orde de antigüidade da data da baixa.

    Se existen achegas de reembolso rexeitable pendentes de reintegrar aos seus titulares, por baixa destes e rexeitamento do reembolso polo órgano de administración, o ingreso das novas persoas socias deberá efectuarse mediante a adquisición destas achegas. Esta adquisición producirase por orde de antigüidade das solicitudes de reembolso deste tipo de achegas. No caso de solicitudes con igual antigüidade, a adquisición distribuirase en proporción ao importe das achegas.

ARTIGO 49.- FINANCIAMENTOS QUE NON INTEGRAN O CAPITAL SOCIAL

    1.- A asemblea xeral poderá establecer cotas de ingreso e/ou periódicas que non integrarán o capital social nin serán reintegrables.

    2.- As cotas de ingreso non poderán ser superiores ao 50 por 100 da achega obrigatoria mínima ao capital social vixente en cada momento para adquirir a condición de persoa socia.

ARTIGO 50.- DETERMINACIÓN DOS RESULTADOS NETOS DO EXERCICIO

    1.- Para a determinación do resultado do exercicio aplicaranse as normas e criterios establecidos pola normativa xeral contable.

    2.- Non obstante, consideraranse como gastos deducibles para a determinación do resultado do exercicio os establecidos no apartado segundo do artigo 66 da Lei de cooperativas de Galicia.

    3.- Os resultados obtidos de operacións cooperativizadas realizadas con terceiras persoas non socias figurarán na contabilidade por separado, e destinaranse nun 50 por 100 como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio e o resto segundo acorde a asemblea xeral.

    4.- Os beneficios procedentes de plusvalías no alleamento dos elementos do activo inmobilizado ou os obtidos doutras fontes alleas aos fins específicos da cooperativa, así como os derivados de investimentos ou participacións en sociedades de natureza non cooperativa, destinaranse nun 50% como mínimo ao Fondo de Reserva Obrigatorio, e o resto segundo determine a asemblea xeral, coas seguintes excepcións:
    a) Os derivados de ingresos procedentes de investimentos ou participacións financeiras, ou en sociedades non cooperativas cando estas realicen actividades preparatorias, complementarias ou subordinadas ás da propia cooperativa, que se considerarán, para todos os efectos, resultados cooperativos.
    b) As plusvalías obtidas polo alleamento de elementos do inmobilizado material destinados ao cumprimento do fin social, cando se reinvista a totalidade do seu importe en novos elementos do inmobilizado, con idéntico destino, dentro do prazo comprendido entre o ano anterior á data da entrega ou posta a disposición do elemento patrimonial e os tres anos posteriores, sempre que permanezan no seu patrimonio, agás perdas xustificadas, ata que finalice o seu período de amortización.
    c) Para a determinación dos resultados extracooperativos imputarase aos ingresos derivados destas operacións, ademais dos gastos específicos necesarios para a súa obtención, a parte que, segundo criterios de imputación fundados corresponda dos gastos xerais da cooperativa.

ARTIGO 51.- DISTRIBUCIÓN DE EXCEDENTES NETOS. O RETORNO COOPERATIVO

    1. Anualmente, dos excedentes contabilizados para a determinación do resultado do exercicio, unha vez deducidas as perdas de exercicios anteriores e antes da consideración do imposto de sociedades do exercicio económico, destinarase:
    a) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio, unha contía global mínima do 20%, e ao Fondo de Formación e Promoción, polo menos un 5%.
    b) Dos beneficios extracooperativos e extraordinarios, como mínimo un 50% ao Fondo de Reserva Obrigatorio.

    O resto, satisfeitos os impostos esixibles, estará a disposición da asemblea xeral, que poderá distribuílo na forma seguinte: ao retorno cooperativo ás persoas socias, á dotación a fondos de reserva voluntarios de libre disposición, ao incremento dos fondos obrigatorios e á participación do persoal traballador asalariado nos resultados da cooperativa.

    2.- O retorno cooperativo é a parte do excedente dispoñible que a asemblea xeral acorde repartir entre as persoas socias, que se lles acreditará a elas en proporción ás operacións, aos servizos ou ás actividades realizadas por cada persoa socia coa cooperativa, sen que en ningún caso poida acreditarse en función das achegas ao capital social.

    3.- As persoas asalariadas participarán nos resultados da cooperativa, cando estes fosen positivos, nunha proporción do 25% do retorno cooperativo recoñecido ás persoas socias de igual ou equivalente categoría profesional. Esta participación terá carácter salarial e substituirá o complemento de similar natureza establecido, se é o caso, na normativa laboral aplicable, agás que for inferior ao dito complemento; en tal caso, aplicarase este último.

    4.- Os fondos de reserva voluntarios de libre disposición son aqueles creados pola asemblea xeral mediante acordo expreso que poderá determinar a súa natureza, como repartible ou non, e regular o seu funcionamento prevendo expresamente os supostos de repartibilidade, de ser o caso.

    No defecto de pronunciamento expreso da asemblea xeral sobre a súa natureza, estes fondos non serán repartibles entre as persoas socias no caso da baixa destas.

    Aos fondos de reserva voluntarios poderán destinarse os excedentes do exercicio, cooperativos ou extracooperativos, unha vez satisfeitos os impostos esixibles.

    O dereito de reintegro da participación das persoas socias que causen baixa nos fondos repartibles unicamente procederá en proporción á contribución realizada pola persoa cooperativista na súa xeración, considerando a actividade cooperativizada desenvolta e as perdas que foren imputadas ou estean pendentes de imputar, e só procederá cando a asemblea xeral o acordase ao facer a correspondente dotación e nas condicións establecidas no dito acordo.

    En todo caso, os fondos de reserva voluntarios responderán en primeiro lugar no suposto de compensación de perdas, sen máis limitación que a establecida pola asemblea xeral que acorde a imputación.

ARTIGO 52.- FONDOS SOCIAIS OBRIGATORIOS

    1.- O Fondo de Reserva Obrigatorio, destinado á consolidación, desenvolvemento e garantía da cooperativa, é irrepartible entre as persoas socias, e destinaranse a el necesariamente as partidas e dotacións establecidas no apartado 1 do artigo 68 da Lei de cooperativas de Galicia.

    2.- O Fondo de Formación e Promoción Cooperativa é irrepartible entre as persoas socias, e destinarase anualmente ao plan de formación profesional individualizado que alcance a todas as persoas socias e que será aprobado pola Asemblea xeral.

ARTIGO 53.- IMPUTACIÓN DE PERDAS

    1.- Poderanse imputar as perdas a unha conta especial para a súa amortización con cargo a futuros resultados positivos dentro do prazo máximo de sete anos.

    2. Na compensación de perdas, a cooperativa terá que suxeitarse á orde seguinte:
    a) Aos fondos de reserva voluntarios de libre disposición, de existiren, poderá imputarse a totalidade das perdas.
    b) Ao Fondo de Reserva Obrigatorio.
    c) A contía non compensada cos fondos de reserva de libre disposición e obrigatorios imputarase ás persoas socias en proporción ás operacións, servizos ou actividades realizadas por cada unha delas coa cooperativa. Se estas operacións ou servizos realizados son inferiores aos que como mínimo está obrigada a realizar a persoa socia conforme o establecido nos estatutos sociais, a imputación das referidas perdas efectuarase en proporción á actividade cooperativizada mínima obrigatoria, sen que en ningún caso poidan imputarse en función das achegas ao capital social.

    3. As perdas imputadas a cada cooperativista satisfaranse dalgunha das formas seguintes:
    a) Directamente ou mediante deducións nas súas achegas ao capital social.
    b) Con cargo aos retornos que poidan corresponderlle dentro dos sete anos seguintes como máximo. Se quedan perdas sen compensar, transcorrido o dito prazo, deberán ser satisfeitas pola persoa socia no prazo máximo dun mes contado a partir do requirimento expreso formulado polo órgano de administración

ARTIGO 54.- EXERCICIO ECONÓMICO. CONTAS ANUAIS

    1.- O exercicio económico terá unha duración de 12 meses e estenderase dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro .

    2.- O órgano de administración está obrigado a formular no prazo máximo de 3 meses, contados a partir do peche do exercicio económico, as contas anuais, o informe de xestión e a proposta de distribución de excedentes e destino dos beneficios extracooperativos ou da imputación de perdas, para a súa aprobación pola asemblea xeral.

CAPITULO V. Documentación Social e Contabilidade

ARTIGO 55.- DOCUMENTACIÓN SOCIAL

    1.- A cooperativa levará en orde e ao día os seguintes libros:
    a) Libro rexistro de persoas socias.
    b) Libro rexistro de achegas ao capital social.
    c) Libro de actas da asemblea xeral e do órgano de administración.
    d) Libro de inventarios e balances e libro diario, conforme ao contido disposto na normativa mercantil.
    e) Calquera outro libro esixido polas disposicións legais.

    2.- Todos os libros sociais e contables serán dilixenciados e legalizados, con carácter previo á súa utilización, polo rexistro de cooperativas competente.

    3.- Os libros e demais documentos da cooperativa estarán baixo a custodia, vixilancia e responsabilidade do órgano de administración.

    4.- Será válida a realización de asentos e anotacións por calquera procedemento idóneo, sobre follas que despois serán encadernadas correlativamente para formar os libros obrigatorios, que serán presentados ao rexistro de cooperativas competente para a súa legalización, antes do transcurso dos catro meses seguintes á data de peche do exercicio.

ARTIGO 56.- CONTABILIDADE

    1.- As cooperativas deberán levar unha contabilidade ordenada e adecuada á súa actividade consonte o establecido no Código de comercio, o Plan xeral contable e as singularidades da natureza do réxime económico da sociedade cooperativa.

    2.- A composición das contas anuais será a establecida pola normativa contable de aplicación.

    3.- O órgano de administración presentará para o seu depósito no rexistro de cooperativas competente, dentro do prazo de dous meses contados dende a súa aprobación pola asemblea xeral, as contas anuais, o informe de xestión e, de ser o caso, o informe de auditoría externa, así como certificación acreditativa do número de persoas socias.

ARTIGO 57.- AUDITORÍA EXTERNA

    1.- A cooperativa, ademais de vir obrigada a auditarse cando concorran os supostos establecidos na Lei de auditorías e as súas normas de desenvolvemento ou calquera outra norma legal aplicable, deberá facelo cando así o acorde a asemblea xeral ou o órgano de administración.

    Tamén virá obrigada a auditarse cando o soliciten por escrito o 15 por 100 das persoas socias da cooperativa. Neste suposto, os gastos orixinados como consecuencia da auditoría correrán por conta de quen a solicitase, agás cando resulten dela vicios ou irregularidades esenciais na contabilidade auditada.

    2.- Os auditores ou auditoras de contas serán designados pola asemblea xeral. Non obstante, cando a designación por este órgano social non se fixese oportunamente ou as persoas designadas non poidan cumprir as súas funcións, o órgano de administración poderá proceder a tal designación e dará conta dela na primeira asemblea que se celebre.

    Non poderán auditar externamente as contas as persoas sinaladas no parágrafo cuarto do artigo 55 da Lei de cooperativas de Galicia.

    3.- Os auditores ou auditoras externos disporán, como mínimo, dun mes dende que as contas lles foran entregadas polo órgano de administración, para formular o seu informe, que deberá conter como mínimo as mencións establecidas no artigo 55 da Lei de cooperativas de Galicia.

CAPITULO VI. Da disolución e liquidación.

ARTIGO 58.- CAUSAS DE DISOLUCIÓN

    A cooperativa disolverase:

    1.- Por acordo da asemblea xeral, adoptado por maioría de dous terzos dos votos presentes e representados.

    2.- Por cumprimento, do termo fixado nos estatutos, salvo acordo expreso en contrario da asemblea xeral, adoptado coa maioría establecida na letra anterior, que se elevará a escritura pública e se inscribirá no rexistro de cooperativas.

    3.- Por finalización e cumprimento da actividade empresarial, social ou económica que constitúa o seu obxecto social, ou pola imposibilidade notoria e manifesta do seu cumprimento, ou paralización dos seus órganos sociais durante un ano, ou da actividade cooperativizada durante dous anos, de tal xeito que imposibilite o seu funcionamento.

    4.- Pola redución do capital social mínimo estatutario ou do número de persoas socias necesarias para constituír a cooperativa da clase e grao de que se trate, sen que se restableza no prazo de seis meses. No caso da redución do capital social mínimo estatutario, poderase evitar a causa de disolución, procedendo á redución do capital social, por acordo da asemblea xeral adoptado pola maioría de dous terzos dos votos presentes e representados, sempre e cando o resultante non sexa inferior ao mínimo legal.

    5.- Pola redución do número de persoas socias traballadoras que teñan entre dezaseis e vinte e nove anos por debaixo da maioría esixida para a constitución da cooperativa xuvenil sen que se estableza no prazo de seis meses, e sen que se acorde a transformación en cooperativa ordinaria.

    6.- Por quebra da sociedade, cando como resultado da interposición e resolución de tal proceso concursal proceda a súa disolución.

    7.- Pola fusión ou escisión da sociedade cooperativa.

    8.- Polo transcurso do prazo de cinco anos sen que se adoptase o acordo de transformación en cooperativa ordinaria. Neste suposto a cooperativa quedará disolta de pleno dereito e entrará en período de liquidación.

    9.- Por calquera outra causa establecida na Lei de cooperativas de Galicia.

ARTIGO 59.- LIQUIDACIÓN E EXTINCIÓN

    Cumpridas as formalidades legais sobre disolución da cooperativa e aberto o proceso de liquidación, salvo nos casos de fusión ou escisión, as funcións do órgano de liquidación serán asumidas polo órgano de administración.

    A liquidación e extinción da cooperativa axustarase ao disposto na Lei de cooperativas de Galicia.

Siguiente: Modelo abreviado de cuentas anuales de cooperativas de la Comunidad de Madrid.

Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de RCR. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.

Comparte sólo esta página:

Síguenos